A recadación íntegra das cotas de inscrición destinarase a esta entidade de referencia na atención, rehabilitación psicosocial e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental e ás súas familias. As persoas interesadas xa poden anotarse ata o vindeiro 26 de decembro a través da plataforma Deporticket.
A carreira, organizada polo Concello, terá lugar a partir das 16:00 horas, con saída e meta na praza do Concello. Mantén o seu carácter solidario e non competitivo, cun percorrido accesible de 5 quilómetros polas rúas da vila, convidando á participación de todas as idades nun ambiente festivo.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, destacou o significado especial da edición deste ano, subliñando que cada inscrición e cada alancada servirán para "respaldar o extraordinario labor social e humano que realiza esta asociación no noso municipio e en toda a comarca".
Establecéronse catro categorías segundo o ano de nacemento: Chupetes (2023-2026), Pitufos (2019-2022), Terremotos (2015-2018) e Absoluta (ata 2014). Aínda que o espírito é lúdico, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados da categoría absoluta, tanto masculina coma feminina.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Rodríguez, animou á cidadanía a reservar o seu dorsal canto antes para colaborar con Avelaíña, e a gozar dunha proba pensada para toda a familia, esperando ver a praza do Concello chea de xente, disfraces e solidariedade.




