A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, rubricaron o acordo que formaliza a entrega dos terreos á Xunta. A conselleira destacou que a futura infraestrutura está chamada a ser un referente para toda a comarca.
O novo centro de atención a maiores estará situado na zona de Curuxeiras, xunto ao parque de San Roque. Contará cun total de 120 prazas destinadas a persoas maiores dependentes, respondendo así a unha demanda social na localidade.
Ángeles Vázquez agradeceu a implicación da alcaldesa de Ribeira no impulso deste proxecto e o seu esforzo na procura dun emprazamento axeitado para un recurso "tan demandado" pola cidadanía.




