O conxunto pontevedrés logrou o primeiro posto grazas á súa coreografía titulada «Penélope», unha peza inspirada na figura mitolóxica e na súa eterna espera fronte ao mar. A actuación destacou pola súa calidade técnica, a forza escénica e a interpretación, obtendo unha puntuación de 35,71 puntos.
As doce patinadoras do club deron vida sobre a pista italiana a unha historia de paciencia, esperanza e resistencia. A proposta artística, cargada de emoción e simbolismo, transportou ao público ao universo de Penélope.
Este novo título internacional consolida ao club galego entre as grandes referencias mundiais do patinaxe artístico.
Este triunfo en Cesena non é o primeiro éxito internacional para o CPA Condado, que xa conquistara a Copa do Mundo en 2023 celebrada en San Juan. Este novo ouro refrenda o alto nivel do patinaxe galego e proxecta o nome de Galicia nas competicións máis importantes.
Tras coñecer a puntuación definitiva, a emoción desatouse entre as deportistas e o corpo técnico, liderado por Edu Caride, culminando meses de preparación e adestramento para perfeccionar unha coreografía que demostrou unha vez máis a excelencia da canteira galega.




