A convocatoria busca apoiar economicamente ás familias do municipio, contribuíndo a sufragar parte dos gastos derivados da escolarización do alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.
As contías das axudas varían segundo a etapa educativa: 70 euros para Educación Infantil, 90 euros para Educación Primaria, e 110 euros para Secundaria. Bacharelato e Formación Profesional recibirán 130 euros por alumno.
Para ser beneficiarias, as familias deben estar empadroadas en Boborás cunha antigüidade mínima de seis meses (ou cinco anos no padrón histórico), ter fillos matriculados no curso 2026/2027 e non superar unha renda anual per cápita de 6.000 euros. No caso de Infantil e Primaria, o alumnado debe estar matriculado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, agás excepcións.
As axudas poderán destinarse á compra de material escolar e libros de texto, excluindo mochilas, material informático e produtos de hixiene. Son compatibles con outras subvencións similares.
O prazo para presentar as solicitudes está aberto desde o venres 6 ata o xoves 12 de novembro de 2026. As xestións poderanse realizar no Rexistro Xeral do Concello de Boborás ou por outros medios administrativos.
As bases reguladoras completas e o modelo de solicitude están dispoñibles na sede electrónica do Concello. Para máis información, pódese contactar coas oficinas municipais ou chamar ao teléfono 988 402 008.




