A Fiscalía solicita penas de nove anos e nove meses de cárcere para dous dos acusados e cinco anos para os outros dous implicados neste roubo. Os feitos tiveron lugar o 2 de marzo de 2023, cando os acusados, tras alugar un vehículo en Santiago, desprazáronse ata Boiro. Dous deles quedaron vixiando mentres os outros dous accedían ao establecemento.
Segundo o escrito fiscal, os acusados inmobilizaron á responsable da xoiería, atándoa con bridas e cinta de embalaxe, e deixándoa no chan. Posteriormente, accederon á caixa forte e levaron xoias cun valor estimado de 60.000 euros. A clienta que estivera no local previamente regresou e observou a fuxida dos acusados.
As xoias roubadas non puideron ser recuperadas e a xoiería non contaba cun seguro, segundo se recolle na acusación. O xuízo celebrarase na sede da Audiencia Provincial en Santiago.




