Baixo o lema “Agasalla a mamá”, a iniciativa desenvolverase desde o 20 de abril ata o 3 de maio. O seu obxectivo principal é incentivar as compras nos establecementos da localidade e recoñecer a fidelidade dos consumidores.
Entre os premios máis destacados, os clientes que realicen compras nos comercios adheridos poderán participar no sorteo dun premio de 1.000 euros, que deberá ser gastado nun único día nos establecementos participantes. Ademais, sortearanse dous cheques de compra para Gadis, unha cea para dúas persoas no restaurante Sisal e un vale de combustible de Cepsa. Para optar a estes agasallos, será necesario rexistrar os tickets de compra mediante códigos QR dispoñibles na cartelería ou na páxina web da asociación.
“"Esta campaña pretende incentivar o consumo de proximidade e poñer en valor o comercio local nunha data tan sinalada como o Día da Nai."
Como complemento ás promocións, o sábado 2 de maio, Ribeira acollerá unha actividade especial cun tren infantil que percorrerá as rúas da localidade, ofrecendo paseos para nenos e adultos. Para acceder a este servizo, será preciso conseguir vales nos comercios participantes a través das compras realizadas, ata esgotar existencias. A patronal tamén distribuíu uns 3.000 tickets de aparcadoiro entre os comercios para entregar coas compras da campaña, facilitando así o acceso á zona comercial. Esta iniciativa conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través de Comercio Galego.




