Segundo o escrito de cualificación fiscal, a acusada, de nacionalidade brasileira, aproveitou a súa posición como auxiliar de axuda no domicilio da vítima en Ribeira. Accedeu aos datos da tarxeta de crédito da persoa coidada coa súa autorización, inicialmente para retirar uns 600 euros mensuais en efectivo, debido aos problemas de mobilidade da afectada.
Non obstante, o Ministerio Público sostén que a muller, "con ánimo de ilícito enriquecemento e aproveitando a confianza que a vítima depositara nela", utilizou os fondos para fins propios. Realizou 12 transferencias de distintas cantidades, contratou un seguro de vehículo e efectuou compras en diversos establecementos da localidade de Ribeira.
“"A acusada, valéndose do seu traballo como auxiliar de axuda no domicilio da vítima, accedeu cos datos da tarxeta de crédito para efectuar compras e transferencias."
O xuízo terá lugar na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, onde se determinará a responsabilidade da acusada polos feitos imputados.




