Un home que conducía unha motocicleta tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado despois de sufrir un accidente de tráfico na Autovía do Barbanza, concretamente no quilómetro 12, preto de Isorna, no concello de Rianxo.
Segundo informou o 112 Galicia, a alerta recibiuse sobre as 20:30 horas deste sábado, cando se recibiu unha chamada alertando de que un motorista, que ía acompañado doutras persoas, resultara ferido.
O sinistro produciuse cando o condutor perdeu o control da súa moto, intentando sen éxito achegarse á barreira de seguridade para evitar a caída.
Como consecuencia da caída, o home sufriu varios traumatismos nun costado, o que requiriu atención médica urxente. Por este motivo, foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) a bordo dun helicóptero medicalizado con base en Santiago.
No operativo de emerxencia participaron profesionais das Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os bomberos de Boiro, a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.




