Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 19.00 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia de que sacaran a unha persoa do mar e que estaban a intentar reanimala na area.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizouse de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Boiro. Tamén se deu aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago. Malia os esforzos realizados polos sanitarios, unicamente se puido certificar o falecemento da muller.




