O IV Torneo Solidario Interparroquial, celebrado o pasado 27 de xuño no campo de Vista Alegre en Boiro, logrou recadar un total de 9.885 euros. Estes fondos destinarase á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog), que presta apoio a familias de nenos e nenas con esta enfermidade.
A xornada contou coa participación da hostalería local e equipos deportivos de cada unha das parroquias do municipio. Dende a organización destacaron que esta iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, xa permitiu recadar máis de 40.000 euros ao longo dos anos, contribuíndo ao desenvolvemento das actividades de Asanog.
“"Cando un pobo se une, xorden cousas tan bonitas como esta."
A entidade agradeceu a implicación de todos os axentes participantes: a organización do torneo, a administración local, as empresas colaboradoras e a veciñanza de Boiro.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, sinalou o compromiso do Concello de Boiro coas iniciativas sociais como esta, que fomenta o deporte e a diversión mentres se colabora cunha causa benéfica. No acto de entrega tamén estiveron presentes Lara Buig e Marga Hermo, da organización, e Fran Allo e José de Jesús, de Asanog.




