O suceso produciuse pouco antes das 13:00 horas no quilómetro 36 da estrada AG-11. Segundo testemuñas presenciais, un turismo saíu da vía e acabou envorcando, deixando atrapada a unha persoa no seu interior que non podía saír por si mesma.
Ante a situación, o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia (112) informou de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GAEM) de Ribeira e á Policía Local.
Ao chegar ao lugar do accidente, os equipos de emerxencia tiveron que utilizar material de excarceración para poder liberar á persoa ferida. Posteriormente, o persoal sanitario atendeu á vítima e trasladouna para recibir atención médica.




