A literatura fantástica será protagonista en Tui coa celebración da TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional organizada por Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror. Dentro da programación, que conta con máis de 40 actividades, destaca unha feira editorial na Praza da Inmaculada.
Un total de 12 postos presentarán até este domingo títulos de literatura fantástica, novidades editoriais, obras autopublicadas e tamén artesanía relacionada co cosplay. Participan editoriais como Boadicea, Cerbero, Radagast, Libros del Salvaje, Raven, Silente, Sugaar, Valhalla, Pórtico-AEFCFT, ademais da libraría local Espazo Lector Nobel.
A parella de cosplayers Manlima Cosplay, de Valladolid, tamén terá un stand de artesanía mostrando o seu traballo na elaboración de complementos de caracterización fantástica. Ofrecerán unha demostración de introdución ao cosplay o domingo ás 11:45 h no edificio da Praza da Inmaculada.
Esta feira editorial é unha das citas centrais da convención nacional, que trae a Tui a medio cento de autores e autoras e máis de 40 actividades en tres espazos da cidade. A programación completa está dispoñible en tui.gal e hispacon.org.




