A actuación, que abranguerá 3,6 quilómetros, foi detallada polo delegado durante un encontro no que tamén se escoitaron as peticións e inquedanzas dos residentes. O obxectivo é habilitar un espazo seguro para peóns e ciclistas ao longo da vía.
Fernández subliñou a importancia de escoitar á cidadanía para desenvolver proxectos que respondan ás necesidades reais da poboación. Animou aos afectados a consultar o proxecto, que se atopa en trámite de información pública, para presentar as alegacións que consideren oportunas.




