A proba, incluída na programación da Festa das Mercedes 2026, comezará ás 18:00 horas e discorrerá dende a praza de Avelino Vicente ata a rúa Porto. Para garantir a seguridade dos asistentes e o bo desenvolvemento do evento, as vías afectadas polo percorrido serán cortadas a partir das 17:00 horas.
A circulación será desviada por vías alternativas debidamente sinalizadas. Axentes da Policía Local e membros de Protección Civil informarán nos puntos de corte e guiarán aos condutores polos itinerarios alternativos.
Ademais, durante o desenvolvemento da proba, cambiarase o sentido de circulación nas rúas Julián López, Enrique María Sesto e Tomiño para facilitar o tráfico polas vías habilitadas.
Unha vez finalizado o evento, as vías afectadas abriranse de forma progresiva, unha vez retirados os elementos de seguridade e cando as condicións o permitan.
O Concello da Guarda solicita a colaboración da veciñanza e dos condutores, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e seguir as indicacións das autoridades. Agradecen a comprensión polas molestias ocasionadas, necesarias para garantir a seguridade da IX Baixada das Carrilanas.




