O exemplar, de 1,25 metros de ancho, foi capturado preto da Punta Santa Catalina, na ría de Muros-Noia, mediante a arte do palangrillo. A peza foi obra do mariñeiro Juan José Paulos Suárez, a bordo do pesqueiro Helena Dous.
Fontes do sector describiron a captura como "unha auténtica xoia do mar", que causou asombro entre os presentes na lonxa e destacou a riqueza da zona mariñeira.




