Os datos facilitados pola Comisión Europea revelan que a xestión eficiente dos 6.070 quilos de residuos téxtiles recollidos neste período en Porto do Son resultou nunha redución de 19,2419 toneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro (CO₂).
Desde o Concello subliñan estes resultados positivos e recalcan a importancia de seguir utilizando os colectores específicos para o tratamento da roupa e do calzado en desuso, fomentando así prácticas responsables.
“"O seu compromiso, concienciación e implicación nestas tarefas"
O goberno local agradeceu á veciñanza o seu compromiso e animou a continuar depositando estes residuos unicamente nos recipientes autorizados para garantir a calidade do proceso e evitar a contaminación doutros circuítos de lixo.
O alcalde, Luis Oujo, destacou que estes bos resultados "reafirman o compromiso deste goberno coa sustentabilidade e coa mellora continua dos servizos de recollida selectiva".
“"A reutilización e o correcto tratamento destes materiais supoñen un compromiso real coa sustentabilidade do noso territorio, coa loita contra o cambio climático e co futuro do medio ambiente"




