As instalacións, que contan con 24 prazas, comezaron a operar o xoves pola noite, recibindo ao seu primeiro usuario, un home de 43 anos que chegou á vila en bicicleta.
A xestión do albergue corre a cargo da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, que coordina o seu funcionamento. O servizo é gratuíto para os peregrinos, sendo atendido por un hospitaleiro da propia Fraternidade. Os ingresos do centro baséanse exclusivamente en achegas voluntarias dos camiñantes.
A posta en marcha do Albergue da Chaínza foi posible grazas ás obras de dotación de subministracións realizadas polo novo goberno municipal e ao acordo de colaboración establecido coa Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago para a súa xestión.
O alcalde de Noia, Fran Pérez, visitou ao peregrino para darlle a benvida, acompañado por un veterano peregrino que exercerá como hospitaleiro voluntario durante os primeiros quince días de funcionamento do albergue.
“"Este novo albergue supón un importante impulso para o paso de peregrinos por Noia, reforzando a súa posición como punto destacado dentro do Camiño da Ría Muros-Noia."
Está previsto que nas próximas datas se celebre un acto de inauguración pública para abrir oficialmente este novo recurso á veciñanza e dar a coñecer as súas instalacións.




