Esta iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, desenvolverase en xornadas ao longo de máis de 20 concellos das catro provincias galegas. Unha das actividades programadas terá lugar en Porto do Son o 11 de outubro e centrarase no traballo do coiro.
O obxectivo principal do programa é actuar como motor de desenvolvemento no medio rural, intentando incrementar a poboación e ofrecer á mocidade oportunidades laborais e de autoemprego vinculadas a estes oficios. Ademais, búscase pór en valor o coñecemento patrimonial e cultural das persoas maiores, así como atender ás súas necesidades asistenciais e culturais.
As persoas interesadas en participar nesta primeira edición deben cumprir os requisitos de ter cumpridos os 16 anos, residir na Comunidade Autónoma de Galicia e completar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web do programa.




