A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe as instalacións da SD Compostela, entidade deportiva á que pertence o club, para poñer en valor o Carné +65. García destacou a importancia da adhesión de clubs de referencia como a SD Compostela a esta iniciativa.
O Carné +65 ofrece descontos e vantaxes en diversos ámbitos como saúde, hostalería, ocio, lecer e cultura. No caso do club compostelán, a iniciativa permitiu que 164 persoas se beneficiasen dunha bonificación do 20 % no prezo do abono para a tempada 2027-2027, facilitando así o acceso das persoas maiores á práctica e ao goce do deporte.
Actualmente, preto dun milleiro de establecementos en toda Galicia están adheridos a este programa, que busca promover un estilo de vida activo entre a poboación maior.




