A gala de entrega dos premios, que recoñece a 15 persoas, dúas entidades e dúas empresas, celebrarase o vindeiro venres 10 de maio ás 20:30 horas no restaurante Manuel Manuel. Esta edición podería ser a última neste establecemento debido á xubilación do seu propietario, Manuel Expósito, quen tamén será homenaxeado.
Entre os distinguidos figuran tamén o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Luis Germán Avilés; o inspector xefe da Policía Local, Virgilio Río; o alcalde de Taboada, Roi Rigueira; e Miguel Ángel Blanco, administrador do centro penitenciario de Bonxe. Tamén serán recoñecidos Carlos Cebrián, xerente de Megaro Foods; Daniel Santiago Pais, xestor de CaixaBank; e os veciños da Milagrosa, Carmen Folgueira e José María Alvite.
A lista de galardoados complétase con Leopoldo López Rosés, xefe de Dixestivo do HULA; a deputada no Congreso, Patricia Otero; o subinspector de Policía Nacional, José Luis Mourín; e Carlos Arévalo, militar e piragüista. En canto ás persoas xurídicas, ademais da UME (representada polo comandante Ricardo de la Fuente), recibirán o premio As Termas (polo seu director, Esteban Patiño), Lactalis Puleva (polo seu director, Jesús Viña), a escola de danza Star Dance e os Servizos Audiovisuais da Deputación.
“"A cohesión da asociación é fundamental para o noso traballo e para o recoñecemento de todos aqueles que contribúen á nosa comunidade."




