A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión de carácter técnico con Bruno de Llano Gómez-Ulla, representante de Ecoembes en Galicia, e co xefe do Servizo de Medio Ambiente do Concello, Miguel Negral. Na xuntanza presentáronse novas accións e proxectos orientados a mellorar a recollida de residuos e a impulsar a correcta separación dos envases na cidade.
As propostas concretaranse nos próximos días co obxectivo de facilitar a correcta separación dos residuos e fomentar a colaboración da cidadanía na xestión dos envases.
O Concello de Lugo continuará traballando nesta liña para mellorar a recollida, fomentar a reciclaxe e contribuír a manter unha cidade máis limpa e sostible.




