O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, mantivo esta mañá unha xuntanza coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez. Ao encontro tamén asistiu a concelleira Carmen Gómez.
Durante a reunión, abordaron vías de colaboración entre o Concello e Agader para impulsar a recuperación de terreos. Unha das figuras que se barallan é a do polígono agroforestal.
O propósito principal desta iniciativa é poñer a producir as terras que actualmente se atopan en estado de abandono ou infrautilización. Isto podería incluír a restauración da propiedade, así como o acondicionamento das parcelas e das infraestruturas viarias necesarias para o seu aproveitamento.




