Os feitos ocorreron na madrugada do domingo, 26 de abril de 2026, cando os axentes do Grupo Operativo Nocturno foron requiridos en dous locais diferentes da capital lucense.
Nun dos casos, a intervención produciuse tras unha chamada á Sala do 092. Dúas mulleres denunciaron ser ameazadas con arma branca por outras dúas, aínda que estas últimas non mostraron ningunha navalla. Os axentes identificaron ás presuntas ameazadoras, que aínda se atopaban no interior do establecemento, e informaron ás afectadas sobre os pasos a seguir para formalizar a denuncia.
O segundo incidente tivo lugar noutro local de ocio nocturno, onde unha moza afirmou ser agredida por outra, quen lle tirou do pelo. A presunta agresora recoñeceu que houbera unha discusión por un cigarro, pero negou a agresión física. Ambas as partes foron informadas dos procedementos para presentar as correspondentes denuncias.




