Unha patrulla desprazouse á zona tras recibir unha chamada alertando da presenza dun home desorientado preto dun hotel, que portaba unha pulsoira hospitalaria. Tras a chegada dos axentes, solicitouse a intervención do servizo de emerxencias sanitarias. O persoal do 061 confirmou que o home fora atendido previamente por unha caída e que, aparentemente, abandonara o hospital sen recibir o diagnóstico final, polo que foi trasladado de novo ao HULA.
Noutra intervención, a Policía Local acompañou ao persoal sanitario ata un domicilio onde unha muller se atopaba no chan. A pesar da súa negativa inicial a ser trasladada, os sanitarios valoraron a situación e determinaron que non era necesario o seu traslado a un centro hospitalario. O fillo da muller mostrou o seu desacordo coa decisión, pero os axentes explicaron que a competencia en materia médica recae exclusivamente no persoal sanitario.




