A Consellería do Medio Rural informou da extinción do lume, que se iniciou ás 16.17 horas do martes e afectou unha superficie total de 32,37 hectáreas, todas elas de arborado.
Para a súa extinción mobilizáronse un total de 2 técnicos, 20 axentes, 23 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural recorda a importancia de alertar sobre calquera lume forestal chamando ao número gratuíto 085. Tamén se dispón da aplicación móbil ALume para avisar sobre incendios activos e dun teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias.
Ademais, a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas pode consultarse na conta de X @incendios085.




