A intervención contempla a reestruturación da bancada no contorno do palco actual, reducindo as súas dimensións para ampliar o aforo. Esta reforma forma parte dun proxecto máis amplo que busca incrementar a capacidade total do pavillón en aproximadamente 1.000 prazas.
O informe técnico, cunha inversión estimada de 13 millóns de euros para a reforma integral, foi remitido á Xunta de Galicia, ao Concello de Lugo e ao Consello Superior de Deportes o pasado 9 de xuño para valorar o proxecto e concretar posibles colaboracións institucionais.
A ampliación total do pavillón queda pendente de financiamento e de acordos entre as institucións implicadas, aínda que as solucións técnicas e as necesidades xa foron presentadas.
“"Seguimos avanzando na modernización do Pazo. Facemos investimentos continuos nas instalacións, cumprindo co compromiso adquirido na presentación do proxecto de executar de inmediato a reforma do palco para habilitar 116 novas prazas para a vindeira temporada."
As actuacións realizadas nos últimos anos no Pazo e no Anexo xa supuxeron un investimento conxunto duns 2 millóns de euros.




