O sinistro produciuse sobre as 2.20 horas cando o turismo, que circulaba pola estrada LU-541, situada baixo a A-6, impactou contra un dos piares da autovía mentres facía unha rotonda. A Garda Civil de Tráfico foi quen alertou ao 112 Galicia tras constatar que o condutor quedara atrapado no interior do habitáculo.
Desde a central de Emerxencias alertouse a Urxencias Sanitarias-061 e aos bombeiros de Vilalba. Unha vez no lugar do accidente, os equipos de emerxencia tiveron que empregar material específico de excarceración para poder liberar ao ferido do interior do coche.
Tras ser rescatado polas forzas de seguridade e os servizos de emerxencia, o condutor foi evacuado ao centro hospitalario de referencia para recibir atención médica polas lesións sufridas.




