Os feitos ocorreron tras unha discusión nunha leira próxima á casa dun dos procesados. O tribunal considera demostrado que ambos os homes manteñen unha "relación de inimizade desde hai xa moitos anos".
Segundo a sentenza, un dos procesados atacou ao outro cunha pala. Este, "temendo pola súa vida ou a resultar ferido", defendeuse coa azada que tiña na man, asestándolle un forte golpe na cara.
“"Actuou con necesidade de defenderse ante o ataque, pero con intención tamén de menoscabar a integridade do seu atacante."
Este golpe provocoulle a perda de visión dun ollo e outras lesións graves a un dos acusados. Por iso, o outro deberá indemnizalo con 58.145,16 euros.
A xustiza rexeitou cualificar o suceso como tentativa de asasinato ou homicidio ao descartar "risco vital ou múltiple intensidade de golpes". Ambos son considerados autores de delitos de lesións, aínda que se aprecia a eximente incompleta de lexítima defensa para quen repeliu o ataque. A sentenza aínda pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).




