Case 2.500 raios caeron en Galicia en 24 horas

As provincias de Lugo e A Coruña rexistraron a maior parte da actividade eléctrica durante as fortes tormentas do domingo.

Imaxe xenérica de tormenta eléctrica sobre paisaxe galega.
IA

Imaxe xenérica de tormenta eléctrica sobre paisaxe galega.

As tormentas eléctricas que afectaron a Galicia este domingo descargaron un total de 2.447 raios en 24 horas, a maior parte ao final da tarde, segundo datos de MeteoGalicia.

A actividade eléctrica concentrouse principalmente nas provincias de Lugo e A Coruña, segundo reflicte o mapa elaborado por MeteoGalicia. Estes fenómenos estiveron acompañados de choivas e sarabia, nun fin de semana marcado tamén polas altas temperaturas.
A intensidade das tormentas levou á Xunta de Galicia a activar a alerta laranxa no centro da provincia de Lugo para o domingo, chegando a suspender a actividade deportiva federada nesa zona. O resto de Galicia estivo en alerta amarela.
A xornada do sábado tamén rexistrou unha notable actividade eléctrica, con 598 raios contabilizados pola axencia meteorolóxica galega.
Para este luns, a previsión mantén a inestabilidade atmosférica, con avisos amarelos por tormentas activos a partir das 18:00 horas no centro e na montaña lucense.