A rápida e eficaz actuación dos profesionais evitou que as chamas se estenderan ao resto do piso, impedindo así que fose necesario o desaloxo de veciños.
O suceso, aínda que se resolveu sen danos maiores, xerou alarma entre os residentes da zona debido ao despregamento de medios, que incluíu dous camións e un terceiro vehículo dos Bombeiros, ademais do apoio da Policía Local.
O incendio orixinouse nunha lavadora e ocorreu preto do semáforo no cruce de Montero Ríos coas rúas próximas á estación intermodal.




