O festival, que cumpre 53 anos de traxectoria, consolidouse como a cita decana da música clásica en Galicia. Os principais escenarios para esta edición serán o auditorio Fuxan os Ventos e o Círculo das Artes.
A programación abrangue un amplo espectro musical, dende o Renacemento ata o século XIX, cunha marcada énfase na música barroca, de cámara e sinfónica. A inauguración será o 13 de maio no Fuxan os Ventos co espectáculo De Sevilla a Isfahán, que unirá a Accademia del Piacere co grupo canadense Constantinople.
“"A programación abarca un amplo espectro que vai desde o Renacemento ata o século XIX, cun marcado énfase na música barroca, de cámara e sinfónica."
Entre os artistas destacados atópanse o dúo español formado polo pianista Josu de Solaun e o chelista Adolfo Gutiérrez Arenas, que actuarán o 19 de maio. Dende Salzburgo (Austria) chegará o Amatis Trío o día 21, un dos poucos conxuntos estables de piano, violín e violonchelo de Europa. O momento sinfónico viviráse o día 22 coa Orquestra Sinfónica Cristóbal Halffter, baixo a dirección de Javier Fajardo, nun programa dedicado ao centenario de Manuel de Falla.
A zanfonista canadense Tobie Miller e o seu Ensemble Danguy traerán o virtuosismo do barroco francés o 23 de maio. A soprano Alicia Amo xunto a Música Boscareccia deleitarán ao público o 27 de maio. A clausura do festival, o 30 de maio, correrá a cargo da violinista estadounidense Rachell Ellen Wong, quen dirixirá á Orquestra Barroca Vigo 430.
Os recitais serán ás 20:30 horas, agás o de Ensemble Danguy (o 23), que será ás 19:00 horas. As entradas para os recitais no Círculo das Artes serán gratuítas, mentres que para o Fuxan os Ventos pódense adquirir en entradaslugo.es, na oficina de turismo ou no propio auditorio.




