A obra O Incendio, editada por Xerais, foi a elixida para recibir o galardón, nunha iniciativa que busca promover a literatura galega e o diálogo entre xeracións. A autora participou no evento por videoconferencia, respondendo ás preguntas dos lectores.
A gala, concibida como unha celebración da lectura e da cultura compartida, contou coa actuación musical da banda do IES Agra de Raíces, engadindo un toque artístico á xornada.
A alcaldesa, Margot Lamela, destacou a vocación do premio de consolidarse como unha ferramenta de promoción literaria e de fomento do diálogo lector entre mozos e adultos.
Esta iniciativa interxeracional reuniu ao alumnado do IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco coas lectoras adultas do club da biblioteca municipal. Este ano, o grupo leu tres obras: Punto de Araña de Nerea Pallares, Pirotecnia de Alberto Ramos, e a obra gañadora, O Incendio de Sara Vila.




