A chegada das lexións romanas ao cumio do Monte do Facho, erguido sobre o Atlántico en Fisterra, marcou para eles o fin do mundo coñecido. Esta paisaxe, onde o sol descansa cada día no horizonte mariño, foi testemuña de peregrinos e alquimistas ao longo dos séculos.
No entanto, foron os homes e mulleres que hoxe habitan estas terras, os mariñeiros, quen verdadeiramente conquistaron as escarpadas ladeiras. Nacidos con salitre na pel e criados a pé de porto, coñecen o misterioso linguaxe das mareas e a forza do mar.
Sentados na máxica pedra do Facho, durante a maxestuosa hora crepuscular do Cabo, perséguense os barcos que buscan a vida na Costa da Morte. A bordo van os mariñeiros de Fisterra, protagonistas dunha aventura marcada por naufraxios, tormentas e esgotadoras travesías.
Curtidos polo ir e vir das xigantescas ondas atlánticas, estes mariñeiros son artífices do esforzo común e solidario. Son os heroes dunha historia que só eles saben contar, pois este mar infinito é a súa matria e unicamente eles coñecen a 'casa de cristal' onde o sol se agocha.




