Home ferido en Cee tras envorcar o tractor que manexaba

O condutor foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira tras sufrir un accidente mentres traballaba nunha leira na Ameixenda.

Imaxe dun tractor envorcado nunha leira en Cee.
IA

Imaxe dun tractor envorcado nunha leira en Cee.

Un home resultou ferido este xoves no concello de Cee ao envorcar o tractor que manexaba mentres traballaba nunha leira na parroquia da Ameixenda.

O suceso ocorreu ao redor das cinco e media da tarde, cando un particular alertou ao 112 Galicia informando de que un tractor envorcara nunha finca situada en Gures, na Ameixenda. Segundo o testemuño inicial, o condutor quedara atrapado baixo o vehículo agrícola e non respondía, ademais de existir unha posible perda de combustible.
Ata o lugar desprazouse un helicóptero do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co seu equipo. Non obstante, unha vez que os profesionais sanitarios estabilizaron ao ferido, este puido ser evacuado nunha ambulancia ao Hospital Virxe da Xunqueira. Non foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar ao home.
Os xestores de emerxencias tamén informaron do ocorrido á Garda Civil e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Os bombeiros, tras revisar o vehículo que envorcara nun terraplén, confirmaron que non presentaba perigo e que non houbo fuga de combustible. Os propios propietarios encargáronse da retirada do tractor coa súa maquinaria.