Dumbría celebra o Mes do Libro con maxia, robótica e obradoiros de cerámica nas súas bibliotecas

As cinco bibliotecas municipais do concello de Dumbría acollerán diversas actividades gratuítas para todas as idades durante o mes de abril.

Imaxe xenérica de libros nunha mesa, con mans de nenos borrosas ao fondo.
IA

Imaxe xenérica de libros nunha mesa, con mans de nenos borrosas ao fondo.

O Concello de Dumbría organiza un completo programa de actividades nas súas cinco bibliotecas municipais para conmemorar o Mes do Libro e o Día Mundial do Libro, con propostas para todas as idades.

Despois do éxito da programación de Semana Santa, que atraeu a 112 usuarios, o programa “Abril de Libros” trae novos obradoiros cofinanciados polo programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
As actividades comezarán o mércores, día 15, na biblioteca do Conco co obradoiro Bestiario animal. Pedras de Papel, dirixido a nenos a partir de 3 anos. O martes 21, o mago Pedro Bugarín ofrecerá un obradoiro de maxia no centro de lectura de Berdeogas.
A programación continuará o venres 24 en Olveira cun obradoiro de robótica LEGO WeDO. Jóvenes Científicos, para rapaces a partir de 7 anos. O luns, día 27, Muxiarte levará a Buxantes o taller Cuncas creativas: imaxinación en cerámica, para participantes a partir de 2 anos. O ciclo rematará o xoves 30 no Ézaro cun obradoiro de xoguetes de cartón e papel para nenos de 0 a 3 anos.
Todos os obradoiros terán lugar ás 18:00 horas, son gratuítos e contan con aforo limitado. Para participar, é necesario cubrir o formulario de solicitude de praza dispoñible en liña.