A proba, organizada pola Concellería de Deportes, bateu récords de participación, duplicando a cifra da última edición. O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, destacou que a categoría absoluta contará con máis dun centenar de deportistas, mentres que a de biberóns roldará o medio centenar.
A carreira terá lugar no paseo da praia e lagoa da Frouxeira, con distancias adaptadas a cada categoría e saídas escalonadas a partir das 11:00 horas. A inscrición, que se pechou onte sen custo, permitirá aos participantes retirar o seu dorsal no punto informativo xunto á caseta de socorrismo dende as 10:00 horas.
Todos os nenos e nenas da categoría biberón recibirán unha medalla, así como as tres primeiras clasificadas do resto das categorías.




