O galardón, de carácter anual, busca premiar estudos que melloren o coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia e impulsen o deseño de políticas que favorezan o benestar da cidadanía. A convocatoria establece dúas modalidades: a primeira para traballos de investigación publicados en revistas científicas ou editoriais recoñecidas entre o 15 de outubro de 2025 e o 14 de outubro de 2026, dotada con 2.000 euros; e a segunda para teses de doutoramento presentadas na mesma universidade durante o mesmo período, con 1.000 euros.
Poderanse presentar traballos redactados en galego, castelán, inglés ou portugués. O prazo para presentar candidaturas está aberto e pechará o 6 de novembro de 2026. As propostas deberán remitirse á secretaría do IDEGA, situada en Santiago de Compostela, ou por correo postal.
A documentación requirida inclúe a autoría, o título e os datos de publicación ou edición, xunto cunha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso ou copia en soporte USC. O xurado estará presidido pola reitora da USC e composto polo presidente do Consello Económico e Social de Galicia (CES), o director do IDEGA (que actuará de secretario), un membro do Consello Científico do IDEGA, un membro do Consello Económico Social e tres persoas de recoñecida traxectoria na investigación en Ciencias Sociais en Galicia.




