O Concello de Valdoviño volveu ser sede formativa para o Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade, acollendo a última edición deste itinerario. A formación tivo lugar no local social de Sequeiro, que dispón dunha aula para a teoría e dunha ampla zona verde exterior para as prácticas.
O obxectivo principal desta iniciativa foi mellorar a capacitación das dez mulleres participantes nun sector con crecente demanda, facilitando así a súa posterior inserción no mercado laboral.
O curso abarcou diversas especialidades dentro da agricultura ecolóxica, incluíndo temas como a fertilización, a defensa contra pragas e enfermidades, e a xestión de explotacións agrarias. Tamén se incluíu a semente de pebideiros.
As alumnas tamén tiveron a oportunidade de visitar explotacións agrarias da contorna, como a Horta San André, dirixida por Gonzalo Rodríguez na mesma parroquia de Sequeiro, e o centro A Fusquenlla, para coñecer de primeira man aplicacións prácticas.
Este Programa Integrado de Emprego conta co financiamento da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Empleo Estatal.




