A campaña, que se estenderá ata o próximo 6 de outubro, ten como obxectivo principal incrementar a vida útil das pezas de vestir e diminuír o seu impacto medioambiental. As persoas interesadas en colaborar poderán depositar a súa roupa usada nun caixón habilitado no corredor central do primeiro andar do centro comercial, fronte ás escaleiras civís.
A roupa recollida será xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón. Parte das pezas entregaranse directamente aos usuarios do CRS, mentres que o resto será derivado a Insertega, unha empresa colaboradora do Concello de Narón especializada na reciclaxe téxtil. Insertega encárgase de transformar a roupa para crear novas pezas ou mesmo mobles, dándolles así unha nova utilidade.
Na presentación desta quinta edición participaron a concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida; o presidente do Centro de Recursos Solidarios, José Manuel González; e a xerente de Odeón, Cristina Imaz.




