O sorteo informático designou os presidentes, vogais e dous suplentes por cargo, sumando 9 persoas por mesa. As notificacións comezarán a entregarse nos vindeiros días nos domicilios dos seleccionados.
Quen non poida acudir á mesa electoral o día dos comicios deberá comunicalo e xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona, no Xulgado de Ferrol, nun prazo de sete días hábiles dende a recepción da comunicación.




