Valdoviño conmemora as vítimas da Ditadura franquista

O Concello e a Asociación Memoria Histórica Democrática realizaron ofrendas florais na Frouxeira e Pantín.

Valdoviño conmemora as vítimas da Ditadura franquista

Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática realizaron este martes 3 de novembro sendas ofrendas florais en lembranza das vítimas da Guerra e a Ditadura franquista.

Os actos tiveron lugar na praia da Frouxeira, no camiño de entrada ao areal, e en Pantín, aos pés dunha placa que lembra aos mestres represaliados en 1936. Estas homenaxes realízanse no mes da aprobación da Lei de Memoria Democrática e días antes de que o pleno municipal someta a aprobación o regulamento do Consello Sectorial da Memoria democrática.
Na Frouxeira, a ofrenda lembrou os fusilamentos de Porto Leis, onde segundo testemuños tiveron lugar as execucións do último alcalde republicano de Serantes e compañeiros. En Pantín, a homenaxe estendeuse aos mestres represaliados: Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Concello de Valdoviño (03/11/2026)