A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, anunciou hoxe a achega de fondos destinada a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en trece municipios destas comarcas. A iniciativa forma parte do Plan Corresponsables, cofinanciado co Ministerio de Igualdade do Goberno de España.
O Concello de Narón, que recibe 55.000 euros, desenvolve dous programas a través de campamentos estivais. Un deles ten lugar na Ludoteca Municipal e o outro, denominado ‘Concilia Escola’, realízase no CEIP A Solaina. Este último programa céntrase na conciencia ecolóxica, con actividades educativas sobre reciclaxe, respecto pola natureza e sustentabilidade ambiental.
“"Dende a Xunta cremos que a conciliación é o camiño para a consecución da igualdade real entre homes e mulleres, por iso apoiamos aos Concellos financiando programas municipais coma este coa fin de facilitar que calquera persoa traballadora poida compatibilizar o coidado da familia cun uso equilibrado dos seus tempos."
Ademais de Narón, outros doce concellos beneficiaranse destas axudas. Son A Capela, Cabanas, Cariño, Mugardos, Ortigueira, As Pontes, Cerdido, Mañón, Moeche, Pontedeume, San Sadurniño e Valdoviño, que tamén promoven programas de conciliación ao amparo deste plan.




