O curso, incluído no Plan de Formación Municipal, desenvolverase do 5 de outubro ao 6 de novembro no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz. A inscrición abre o martes, 22 de setembro.
Este itinerario formativo de 107 horas inclúe 60 horas homologadas de PRL para os sectores do metal e a construción. Complementaranse con 16 horas da especialidade naval e outras 16 horas sobre espazos confinados e traballos en altura. Tamén se abordarán módulos transversais de igualdade, emprendemento e orientación laboral, ademais de visitas a empresas.
As clases impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, cun horario adaptado que inclúe mañás de luns a venres, e xornadas específicas para as visitas programadas.
Das 20 prazas ofertadas, un 20% resérvanse para persoas derivadas do Servizo Sociocomunitario. Poderán inscribirse persoas maiores de idade, desempregadas e empadroadas en Narón. En caso de non cubrirse, poderán acceder desempregados doutros municipios por orde de inscrición.
As solicitudes presentaranse desde o martes 22 de setembro ata o 28 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Narón, a través da Sede Electrónica ou por calquera medio legal. A selección será por rigorosa orde de inscrición.
“"Este itinerario dálle unha resposta completa a sectores que seguen a ser piares do emprego en Narón, cunha formación en seguridade que abre as portas a varios ámbitos profesionais."
Para máis información, os interesados poden contactar co Centro Municipal de Formación no teléfono 981 33 31 35 ou consultar a sede electrónica municipal.




