Un total de 34 artistas participaron na edición deste ano, que se converteu nunha das que tivo maior participación nos últimos anos. Esta é a primeira edición especial adicada ás parroquias, unha iniciativa que o Concello de Cedeira prevé manter para reflectir a beleza de todo o seu territorio a través deste concurso.
Xunto con Carballeira Rivas, lucense afincado en Valdoviño, o segundo premio foi para Carlos Triñanes, de Rianxo, e o terceiro para o ferrolán Andrés Gabarres. Os accesits foron para Isabel Seidel, Tono Lorenzo, David Durán e Francisco Victoria. Moitos destes artistas xa recibiran premios noutras edicións anteriores.
O primeiro premio está dotado con 900€, o segundo con 700€ e o terceiro con 500€. Cada un dos catro accesits recibiu 100€.
O Concello de Cedeira agradeceu a participación de todos os artistas e destacou o alto nivel das obras presentadas.




