A letra resultante do sorteo, que tivo lugar no Pazo dos Deportes de Arteixo, foi a «I». As persoas cuxos apelidos comecen por esta letra son as que teñen dereito a unha das prazas ofertadas.
Os admitidos dispoñen dun prazo que vai dende o 1 ata o 11 de setembro para formalizar a súa matrícula. Este proceso require a solicitude e entrega do xustificante de pagamento, que deberá realizarse exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. A non formalización da matrícula neste período suporá a anulación da praza.
O recibo de pagamento pode ser solicitado de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas), ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberá ser entregado tamén no Servizo Municipal de Deportes.
No caso de que queden prazas libres despois deste período, as inscricións directas continuarán abertas a partir do un de outubro.
O pago do prezo público das actividades pode efectuarse nas entidades bancarias habituais ou a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo.




