Os representantes municipais da comarca de Ferrol mantiveron un encontro este luns para escenificar o seu apoio unánime ás demandas do colectivo cidadán. O obxectivo principal é garantir un servizo de transporte que responda ás necesidades sociais, económicas e industriais de Ferrolterra, superando as carencias actuais mentres non se executa a modernización integral da liña.
Durante a xuntanza, acordouse solicitar formalmente unha reunión co Secretario de Estado de Infraestruturas, un encontro que xa estaba comprometido para o primeiro trimestre deste ano. Ademais, a Mancomunidade enviará unha comunicación a Renfe para trasladar a proposta de incremento de frecuencias e servizos presentada polo foro.
“"O firme compromiso institucional da comarca para defender unidos unha infraestrutura ferroviaria moderna, competitiva e propia do século XXI, imprescindible para o desenvolvemento económico e social de Ferrolterra."
O colectivo en defensa do ferrocarril mantén a esperanza de que o Congreso dos Deputados aprobe unha declaración institucional a favor dun tren do século XXI para a comarca antes de que remate o actual período político. Como medida de presión, o vindeiro sábado, 23 de maio, levarase a cabo unha viaxe simbólica en tren con destino a Ortigueira para visibilizar as limitacións do servizo actual.




