A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP desprazouse ata as instalacións portuarias acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Antonio Álvarez. O obxectivo da visita foi comprobar os labores que se están a levar a cabo, como os de estibador, un dos sectores que se prevé que experimente unha maior demanda a partir de agora.
Ademais, Pérez mantivo unha reunión de traballo coa empresa Pérez Torres Marítima, unha das compañías máis importantes do porto e que colaborará directamente coa firma chinesa SAIC Motor. Na xuntanza avaliouse a necesidade de persoal e a formación e cualificación que se pode reforzar a través da Formación Profesional galega.
Na reunión tamén participou o director do Centro Integrado de FP Ferrolterra, Enrique Pazo, un centro de referencia na comarca en canto a ensinanzas de Formación Profesional.




