Os traballos, que comezaron o pasado martes na parroquia de Santa Icía, estenderanse ata finais de maio nesta primeira fase, cubrindo 350.000 metros lineais. O concelleiro de Servizos e Zona Rural, José Tomé, destacou a importancia desta actuación para o mantemento diario e a seguridade ante a chegada do bo tempo.
“"Onte deron comezo os traballos de desbroce nas vías do rural, unha tarefa fundamental para o mantemento diario e especialmente importante ante a chegada do bo tempo."
A planificación municipal contempla dúas grandes fases de intervención. A primeira, entre abril e maio, e unha segunda entre setembro e decembro, para completar os 700.000 metros lineais previstos. Estas tarefas, que se realizarán de forma manual e mecanizada, buscan non só mellorar a visibilidade e a estética, senón tamén reforzar a seguridade viaria e a prevención de incendios.
O dispositivo xa está operativo en Santa Icía, nos núcleos de Leixa, Trasancos e O Boial, e continuará progresivamente por diversas parroquias. Entre elas atópanse Catabois (San Pablo); Santa Mariña (Loureiro O Sino, Porta Neira, Xoane); Serantes (Vilasanchez, Viladóniga, Serantellos, Aneiros, O Bosque, A Malata, O Coto, Pazos); A Cabana (A Malata, Montecoruto, Valón); e Mandiá (Bustelo, Papoi, Vilela, Taboada, Cha, Fontenla, O Confurco de Mandiá, Rilo, Espiñeira).
As brigadas tamén actuarán en Marmancón (Cocheras, Lodeiro, Bustelo, Papoi, Longra); Covas (A Pedreira, A Aldea, Covarradeiras, Sograña, Radón, Cocheras); Esmelle (Mougá, Cha da Mariña, Vila da Igrexa); San Xurxo (Outeiro, Vila da Area, Vila da Igrexa); Doniños (O Pieiro, Cariño, Confurco, Fontá, O Vilar, Valón, Bilabuide, Mougá, Prioriño); e nas zonas de San Felipe, A Graña e Brión, incluíndo San Cristóbal, Liñares e Martín.
“"Seguimos traballando para mellorar a situación dos veciños no rural e cumprimos co compromiso de manter unha periodicidade regular nos desbroces."




