O Concello de Cedeira organiza unha edición especial do seu tradicional certame de pintura rápida, que este ano pon o foco na parroquia de Cervo. A xornada comezará coa inscrición dos artistas participantes entre as 09.00 e as 11.00h na rúa Ezequiel López, onde tamén se lles proporcionarán as coordenadas do lugar elixido para pintar.
A entrega das obras rematará ás 18.00h na sala Áncora, situada na praza Roxa. O xurado emitirá o seu fallo ás 19.00h. O primeiro premio está dotado con 900€ e diploma, o segundo con 700€ e diploma, e o terceiro con 500€ e diploma. Ademais, concederanse catro accésits de 100€ cada un.
O soporte para as pinturas non poderá superar os 100x81cm e deberá ser selado pola organización no momento da inscrición. Os participantes deberán achegar o seu propio cabalete, tanto para pintar como para expoñer a obra ao remate do certame. A inscrición é gratuíta.
A parroquia de Cervo abarca diversos lugares como Arrasa, As Lamelas, Calvario, O Cancelo, O Carreiro, Cervetelo, Chímparra, A Corredoira, Corveiro, O Covo, Eirado, Espiñaredo, Golmar, A Graña, Lucín, Magoira, Nebril, Punta Candieira, Rabadán, Remesal, Os Salqueiros, Sobolocovo, Trasmonte, Vilar e Vilas. As obras non premiadas poderán ser postas á venda polos seus autores, unha vez emitido o fallo do xurado.




