A competición de bodyboard, que se celebra este fin de semana nas augas de Ferrol, cobra unha especial relevancia ao ser a única proba puntuable da Liga Nacional que ten lugar na península ibérica. As restantes citas estatais desenvólvense nas Illas Canarias.
As ondas de Penencia, aínda que se contemplan outras localizacións como alternativa, serán o escenario onde se repartirán 1.100 puntos para o gañador ou gañadora de cada categoría. Esta cifra, xunto coa proba de Gáldar, converte a cita ferrolá na máis valiosa do campionato estatal.
A importancia do evento atráelle a un total de 300 deportistas, que competirán non só na Liga Nacional, senón tamén na Autonómica e no tradicional campionato Ferrolterra. As categorías inclúen feminino, masculino, sub 14, júnior, open, máster e dropknee.
Na presentación oficial do evento estiveron presentes o edil de Deportes, Ricardo Aldrey; a delegada da Xunta, Martina Aneiros; o presidente do Bodyboard Ferrol, José Harto, e o 'rider' Bruno Martín. A xornada inaugural tamén contará con música en vivo e fotografía.




